Emitiendo información de contenido “hampón”

Por interese particular e xeral hei de relatar os seguintes feitos:

1. Hai xa tempo, cando Sofía León Arias (a miña dona) viña para a casa de dar un paseo polos montes da Costa de Santa Marta de Babío, preto da casa, unha patrulla da policía municipal de Bergondo preguntoulle onde estaba eu; dixéronlle que o fiscal requiría tal información. O policía no se identificou.

2. Sobre as 10:54 horas do día 28/12/2015 chaman a Sofía por teléfono desde o número 981-55.11.32, argüíndo que era da Comisaría de Policía de Santiago de Compostela. Só querían saber, de novo, onde estaba eu.

3. Sobre as 11 horas do día 31 (xoves) volven chamar a Sofía (nesta ocasión é a policía municipal de Santiago de Compostela) preguntando, tamén esta vez, que onde estaba eu.

A efectos legais, dada a forma en que fan o “traballo” — non documentalmente pra a constancia— dá a impresión de que queren pasar desapercibidos estes chamantes, pois ningún desde supostos “funcionarios” se identificou ante Sofía, como establece a Lei 30/1992, ou a 4/1999.

España non quere deixar de ser un Estado corrupto.