Premios Xerais 2013

Máis un ano colaboramos con Edicións Xerais na emisión en streaming e a confección de vídeos para Youtube: “Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 8 de xuño, ditamináronse a XXXª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros e a XXVIIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros.

Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón, ao que seguiu unha merenda nos xardíns da illa. Á velada asistiron arredor de tres centas persoas, entre as que se atopaban Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega; Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia; ademais de escritores, editores, libreiros, bibliotecarios, profesores e colaboradores da editorial. O acto foi emitido en directo por Internet […]”

Leave a Reply