Creatividade e tecnoloxía

Tati Mancebo participou no ciclo Economía e Cultura, no contexto do obradoiro Onde a tecnoloxía non é todo pero é importante. Relacións entre creatividade e tecnoloxía, unha xornada teórico-práctica sobre o papel das ferramentas tecnolóxicas para a construción de novos modelos de traballo, novos servizos e novos formatos culturais. Na súa intervención defendeu que “a comunicación dos proxectos fai parte do contido dos propios proxectos”; ao mesmo tempo, insistiu en que “a ética que debe ser resaltada nos proxectos culturais non ten a ver coas estratexias comúns do márketing. A transparencia debe ser a regra na comunicacion das necesidades e dos obxectivos”.

 

 Category: Eventos

Leave a Reply