Foro Xuventude en movemento

Foro_p_anv21Por segundo ano consecutivo traballamos na difusión do Foro Xuventude en movemento, un evento que ten por obxectivo achegar á mocidade as ferramentas básicas para se desenvolver cara á inserción laboral.

A Universidade da Coruña e Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organizan o este Foro que se sustenta sobre tres alicerces fundamentais para calquera estudante ou titulado/a: formación, emprego e emprendemento.

Ademais, complétase con actividades lúdicas e performances. Este Foro celébrase os días 28, 29 e 30 de outubro de 2013 no Campus de Elviña, A Coruña.

 Category: Eventos

Leave a Reply