Algueirada S. Coop. Galega (antes Algueirada S. L.) é unha empresa nacida en 2008 dedicada á xestión cultural no marco da tecnoloxías de información e o coñecemento. Desde a súa constitución até o presente tense especializado nas seguintes áreas:

– Promoción dos recursos Web: foi durante 8 anos a promotora do servizo de blogues gratuítos Blogaliza, que alberga unha comunidade de máis de 3.000 blogues de todo tipo de contidos. Por tal servizo foi merecedora do I Premio “Rosalía de Castro” de Lingua e Cultura da Deputación da Coruña.
– Xestión de redes sociais: Algueirada asumiu as responsabilidades de community manager de proxectos do Concello da Coruña, Meubook, Fundación Amancio Ortega, Fundación Santiago Rey Fernández Latorre, Editorial Galaxia, etc.
– Consultoría sobre libro dixital: foi asesora de proxectos de documentación e libro dixital da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia e Universidade de Santiago de Compostela.
– Creación e edición de contidos no Web: ten unha ampla experiencia en creación e edición de contidos, como os realizados para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Concello da Coruña.
– Formación en TIC: ten realizado formación para o profesorado en tecnoloxías da información e o coñecemento para o proxecto educativo da Fundación Amancio Ortega, CEFORE, FORGA, Colexio Calasanz PP Escolapios A Coruña, Colegio La Grande Obra de Atocha de A Coruña, etc.